Estamos a traballar nunha ambiciosa iniciativa para reunir nun só volume a obra poética máis destacada sobre o Olimpo Celta creada durante séculos por ducias de diferentes estudosos, literatos e creadores de todos os tempos, xunto con novas poesías inéditas encargadas aos máis prestixiosos escritores do escenario literario galego.
Porén a dura situación de crise que atravesamos dificulta que as editoriais asuman editar, publicar e distribuír a obra. Afortunadamente unha editorial galega comprometeuse a asumir a edición, sempre e cando garantamos a adquisión anticipada dun mínimo de exemplares.
Descripción del proyecto. Características, fortalezas y diferenciales.
En que consiste a subscrición popular?
Para converterte en subscritor popular, simplemente deberás facer reserva dun ou varios exemplares da "Antoloxía Poética do Monte Pindo" a un prezo único de 10 euros (supón un aforro de ata 5 euros sobre o prezo final de venda).
Ao alcanzar o número mínimo de 105 subscricións, o obxectivo darase por logrado e a Asociación Monte Pindo Parque Natural aprobará a edición, que incluirá nos seus agradecementos un listado cos seus 105 nomes.
Unha vez que a edición esté lista, porémonos en contacto con cada subscritor/a para concretar a entrega do/s seu/s exemplar/es, sen ningún custo adicional.
Que pasa se acadamos o obxectivo?
A partir das 105 subscricións dispoñemos de 45 exemplares adicionais para quen desexe adquirir a obra co desconto.
No caso de que a consecuencia das subscricións populares recademos máis diñeiro que o necesario para posibilitar a edición, a Asociación Monte Pindo Parque Natural destinará integramente os recursos excedentes a unha iniciativa para mellorar un espazo degradado do Monte Pindo.
Que pasa se non logramos o obxectivo?
En caso de que non se teñan efectuado o número mínimo de 105 subscricións populares que fagan posíbel a edición, suspenderase indefinidamente o proxecto reintegrando todas as achegas efectuadas ata o momento.
Motivación y a quién va dirigido el proyecto
O proxecto diríxese a todos os amantes da cultura galega, da natureza en xeral, e do Monte Pindo en particular, e por extensión a toda a cidadanía que poderá poñer o seu gran de area para a creación da maior obra poética sobre o Olimpo Celta, o monte sacro dos nosos antergos.
Objetivos de la campaña de crowdfunding
- Por en valor a riquísima cultura e a tradición literaria vencellada ao Olimpo Celta.
- Reunir nun só volume a obra poética escrita sobre o Monte Pindo durante séculos.
- Divulgar pezas literarias inéditas sobre o Monte Pindo dos escritores galegos máis significados.
- Estimular a creación literaria e cultural arredor dun monte tan simbólico da historia galega.
Experiencia previa y equipo
Este proxecto está impulsado e coordinado polos escritores Francisco Xosé Fernández Naval "Chisco" (http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Xos%C3%A9_Fern%C3%A1ndez_Naval), e Miro Villar (http://gl.wikipedia.org/wiki/Miro_Villar), ambos afincados na Costa da Morte e membros da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
A Asociación Monte Pindo Parque Natural (CIF: G-70280177) é unha Asociación sen ánimo de lucro, radicada no concello de Carnota e aberta ao mundo enteiro, que promove a declaración de parque natural para o Monte Pindo e o seu funcionamento como tal.
Somos unha organización democrática, participativa, popular e plural constituida formalmente no Pindo (Carnota) o día 17 de outubro de 2010.
Se tes calquera dúbida sobre a nosa Asociación, non dubides en visitar a nosa páxina web www.montepindo.org ou contactar con nós en info@montepindo.org.