¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Tierras de Progo

Financiado el 09 / 12 / 2023
Cofinanciado!
Obtenido
$ 18,280
Mínimo
$ 9,814
Óptimo
$ 22,825
109 Cofinanciadores
Canal
  • Aportando $ 8

    ¡Colaboro!

    Agradecimiento personalizado en la web del proxecto.

    Desgravarías 5,6 € por lo que tu gasto real puede ser 1,4 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Cofinanciadores
  • Aportando $ 15

    Certificado digital del castaño

    Aportando 13 € recibirás:

    • agradecimiento personalizado en la web del proxecto.
    • certificado digital con foto y la geolocalización del árbol

    Desgravarías 10,4 € por lo que tu gasto real puede ser 2,6 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Cofinanciadores
  • Aportando $ 30

    Patrocina un castaño
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • agradecimiento en nuestras redes sociales
    • agradecimiento personalizado en la web del proyecto

    Desgravarías 21,6 € por lo que tu gasto real puede ser 5,4 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 19 Cofinanciadores
  • Aportando $ 62

    Patrocina un castaño
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • enviaremos imaxes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol (envío solo España)
    • mención pública en la web del proyecto

    Desgravarías 44 € por lo que tu gasto real puede ser 11 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 25 Cofinanciadores
  • Aportando $ 86

    Patrocina un castaño y un calendario 2024
    • un ejemplar de CeosGalegos24, hermoso calendario mural con imágenes del cielo
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas
    • enviaremos imágenes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol
    • mención pública en la web del proxecto

    (Envíos solo a España)

    Desgravarías 61,6 € por lo que tu gasto real puede ser 15,4 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Cofinanciadores
  • Aportando $ 107

    Patrocina un castaño y lote de castañas
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • enviaremos imaxes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol (envío solo España)
    • mención pública en la web del proyecto y en nuestras redes sociales
    • Recompensa INMEDIATA: este otoño recibirás ya un lote de 5 kilos de castañas de otros castaños familiares o de vecinos. Envíos solo a la Península Ibérica.

    Desgravarías 76 € por lo que tu gasto real puede ser 19 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Cofinanciadores
  • Aportando $ 168

    Patrocina un castiño y un nogal
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • enviaremos imaxes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol (envío solo España)
    • mención pública en la web del proyecto y en nuestras redes sociales
    • Recompensa INMEDIATA: este otoño recibirás ya un lote de 5 kilos de castañas de otros castaños familiares o de vecinos. Envíos solo a la Península Ibérica.
    • plantaremos un nogal en la #LeiraOCabezo

    Desgravarías 120 € por lo que tu gasto real puede ser 30 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 20 Cofinanciadores
  • Aportando $ 179

    Recompensa FINAL

    A nosa recompensa para a última semana de campaña. Apadriña/amadriña un castiñeiro e terás todo isto:

    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 kg de noces e 5 kg de abelás. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo e unha abelaira na #LeiraAMontán

    Desgravarías 123,5 € polo que o teu gasto real pode ser 36,5 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Cofinanciadores
  • Aportando $ 953

    Señor/a de AMontán
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • enviaremos imaxes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol (envío solo España)
    • mención pública en la web del proyecto y en nuestras redes sociales
    • Recompensa INMEDIATA: este otoño recibirás ya un lote de 5 kilos de castañas de otros castaños familiares o de vecinos. Envíos solo a la Península Ibérica.
    • plantaremos un nogal en la #LeiraOCabezo
    • tu nombre aparecerá en una placa que incluiremos en el cierra de la finca de A Montán
    • compartes nuestra misma visión!! Contaremos contigo como socio preferente. Pasarás a ser donante honorífico/a, participar en la toma de decisiones, acceso al proyecto completo y estarás informado de los avances que consigamos.

    Desgravarías 365 € por lo que tu gasto real puede ser 485 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Cofinanciadores

A Primeira Colleita

29 | 10 | 2026
A Primeira Colleita

A Primeira Colleita
Sinceramente, descoñezo cal é a definición de “colleita”. Ou, mellor dito, cando algo se pode considerar colleita ou un simple engado da natureza.

Grazas a vós no inverno do ano 2023-24 puidemos plantar máis de 300 castiñeiros na Leira A Montán, unha hectárea de terreo xuntada a base de pegar anacos de leiras de 6-10 metros de ancho por uns 200 de longo. En realidade, e isto é un segredo entre nós, un deses anacos aínda non é noso; só apalabrado. Outro segrediño, tamén entre nós e que non saia de aquí, é que outro medio-anaco non ten dono. Mellor dito, está a nome dun que morreu hai 40 anos, os seus fillos emigraron (debe haber un vivo) e por aquí non acordan xa cando viñeron por última vez e, os netos, a ver se aparecen.

De todos eses castiñeiros, o ano pasado collemos unha presada de castañas da variedade xudía. Que nin ben nin mal, non se agardaba porque tampouco puidemos facer polo cultivo dos castiñeiros todo o que quereríamos. Tamén é certo que un dos lotes plantados saíu malo malo: secaron 50 e pico plantas das 60. O viveiro repúxonos as marras e replantamos o inverno pasado. Dentro dese lote estaban a maioría das que escollestes para apadriñar os que viñérades ao día de portas abertas de abril de 2024. Si, non volo dixemos porque non gustamos de dar malas novas. Agora xa está.

Este ano temos un colaborador máis na casa polo e puidemos regar bastante mellor que ata o de agora e sen deslombarnos tanto. Houbo que rachar o peto, pero o esforzo pagará a pena. E, a novidade máis grande de todas, comezamos a instalar rego por goteo en varias leiras. A día de hoxe nesta da Montán só en 40 castiñeiros. Estivemos a probar e a aprender como facer a instalación e agora que lle perdemos o respecto ao conto, estamos certos de que durante este inverno e primavera imos poñer o rego en todas as árbores de todas as leiras. O cambio climático está aquí e deste xeito conseguimos algo de independencia sobre o réxime de choivas que nos poida tocar.

Este mes de outubro de 2026 temos A PRIMEIRA COLLEITA. Estamos a apañar varios quilos de castañas desta leira. Si, no terceiro ano de plantación e tal e como estaba prognosticado. Na aldea non o cren, seguro. E non será moito, pero é a nosa primeira colleita, de árbores plantadas por nós. E moitísima castaña boleca, que é como lle chaman aquí as castañas que quedan sen criar ou abortan. As razóns? Desde problemas na polinización a, sobre todo, falta de auga e nutrientes. Así que o ano que vén o normal é que toda a leira estea normalizada, é dicir, que todos os castiñeiros dean algo de produción, pouca ou moita en función da súa propia personalidade, pero produción ao fin e ao cabo; porque poderemos regar todo o que precisen. E nós seguiremos aquí para apañala. Aínda que haxa que dobrar o lombo.

Seguimos.

Comentarios

María Esther Bernárdez Parcero
Hace 3 días
Que ben! Tes que facernos unha guía para o do rego, que seguro a moitos interesa. Unha aperta!

Inicia sesión para dejar un comentario