Fixémolo nas redes sociais pero tamén volo queremos dicir por aquí: GRAZAS!
Unha semana despois de lanzar o mecenado acadamos o mínimo para facer de «Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais» unha realidade. Isto é posible grazas a todas as cofinanciadoras que estades a participar deste proxecto, á divulgación que lle estades a dar de viva voz e nas vosas redes, e á participación activa de autoras e coordinadoras.
Agora toca darlle pulo para acadar o orzamento óptimo que permita facer os pagamentos polas súas achegas ás autoras dos distintos capítulos.
Sen dúbida, estamos no bo camiño!