
A Festa dos Botes é historicamente a festa da xuventude arzuá, que se organizou cada ano sen excepcións para sacar adiante un conxunto de actividades, concertos musicais, e xuntanzas veciñais únicas na nosa comarca.
Co paso do tempo, as actividades foron evolucionando, pasando das corridas de vaquillas ás pelexas de almofadas e "peitadas" na praza da vila a mañá do domingo, de tocar os concertos enriba dun remolque a cortar a estrada nacional para dar cabida a todos os visitantes que se achegan a ver ós artistas.
Este ano 2026, ademáis de facer unha festa por e para a xuventude, consolidaremos tamén varios anos de traballo nos que pretendemos e estamos a conseguir acoller a toda a veciñanza, dende nenos a maiores, cunha ampla oferta nas actividades que conforman a Festa dos Botes pero tamén durante todo o ano, levando a cabo torneos, exposicións, obradoiros e facendo partícipe a todo aquel que queira participar.
A Festa dos Botes non é só unha simple festa estival, é un sentimento de pertenza a unha comunidade.
Oinarrizko ezaugarriak eta helburuak
A Festa dos Botes continúa existindo 43 anos despois grazas ó traballo de incontables persoas que ano tras ano se esforzaron incansablemente para poder facer unha festa independente no corazón do noso pobo.
Nesta 43 edición, consolidamos o mercado de artesanía, ampliamos os concertos a dúas xornadas contando con 16 artistas rexionais e nacionais convidados, seguimos dando espazo ós máis cativos con actividades pensadas única e exclusivamente para eles e cleebraremos de novo a exposición de camisolas con máis material histórico que achegan os veciños e veciñas.
O obxectivo último deste proxecto é continuar celebrando novas edicións nun futuro, ó mismo nivel ou a melloralo na medida do posible, pero, sobre todo, que haxa un relevo que queira continuar coa Festa dos Botes coa ilusión coa que se ven celebrando dende hai case 50 anos.
Tamén queremos que a dinamización da cultura no rural siga sendo un piar elemental e que a veciñanza teña un motivo para reunirse e celebrar e que ese motivo, ademais, cree comunidade.
Zerk bultzatzen zaitu eta zeini zuzenduta dago proiektua
A Festa dos Botes naceu no ano 1982 como unha resposta á necesidade da mocidade rural de crear un espazo propio, e continuou durante todos estos anos cumplindo sempre a fidelidade a ese propósito.
Nesta edición, queremos seguir reivindicando o poder movilizador da xuventude nun espazo de resistencia como son os pobos do rural, pero integrando tamén á cativada, que é o futuro, e ós maiores, que merecen tamén non ser olvidados do ocio.
Aldez aurreko esperientzia eta taldea
Con esta xa serían 3 as edicións nas que a mesma comisión organizadora, conformada por mozas e mozos arzuáns, está detrás desta humilde Festa. Durante estes anos leváronse a cabo tarefas como a creación dunha nova asociación, a Asociación Xuventude Arzúa, saneáronse as contas, creáronse outras novas e demostrouse que a Festa dos Botes está máis viva ca nunca, aumentando considerablemente os presupostos, o número de actividades e os visitantes que se achegan ó pobo a desfrutar connosco.